helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
cartas a Paulina (unha peza sobre o que non sei)– ensaios AMOR nº14
mayo 16, 2018
0

Ola Paulina:

Hoxe foi un día algo duro, pero acabou ben. Empezo a notalo cansancio. Os ensaios sempre precisan de moita enerxía. 

Creo que din un paso. Non teño moi claro cara onde pero sei que atopei algo. Falei moito alemán. É curioso como a túa lingua materna conecta co teu ser máis profundo e iso non o fai así ningún outro idioma por moi ben que o fales.

Unha frase que anotei me gustou: Vielleicht mag ich ja auch immer ausreißen, wenn ich an einen Punkt komme an dem es nicht mehr weiterzugehen scheint. (A traduzo se non, non ten moita gracia: Quizais a cuestión é tamén que sempre quero escapar cando chego a un punto dende o que parece que non se pode seguir máis alá.). E logo tamén puxen: Wenn man etwas verstanden hat dann verschwindet es.

Traballei bastante sobre min mesma, sobre o medo e máis sobre unha muller que visitei en Agasállame un día da túa vida. O día foi máis ou menos tan disperso como esta carta, pero decidín non poñerme nerviosa e seguirlle un pouco o rastro a isto do que non sei o que é aínda. Promete, ou non?

Espero verte pronto. Virás este verán?

Helen.

Deja un comentario