Querida amiga:
Onte ensaiei, máis non che escribín porque acabei moi cansa. Ensaiei con Gena Baamonde. É un luxo poder traballar con ela e que che dea a súa visión profesional sobre o que estás a facer para axudarche avanzar. Foi todo moi armónico e tivo un gran impácto. O que aprecio moito en Gena como directora é que sexa directa, constructiva e centrada. Ela é moi positiva en tódolos aspectos e iso cando estás traballando no teatro (con tantos problemas que iso conleva) non ten prezo.
Pola mañá levanteime chea de dúbidas. E unha vez chegado aquí sí que sabía que facer pero abandoaronme as forzas e entón o traballo tornouse moi disperso. Tentei seguir e aínda traballei ben e deume tranquilidade porque creo que o que presentarei a fin de semana que ven xa está bastante definido, de tódolos xeitos traballar con ese cansancio mental e de corpo non leva moi lonxe, xa so ao agotamento. Iso creo eu. Ti cres que será iso ou que me intento escabullir?
Asaltoume unha cuestión, unha dúbida. Cando pregunto Que é ser muller, quererei preguntar Quen son eu? É interesante, non cres? Todo está conectado.
Sabes tamén o que me pasa? …que as ganas de contar o que estou a facer me marcharon. Teño ganas de meterme na miña casa de caracol para quedarme alí un rato longo. Quizais todo ten que ver ca lúa e con que estou no día 23 do meu cíclo.
Penso moito en ti.
Con agarmimo,
Helen.
Thanks for creating this resource, Lia. It is very needed. Hollie Blair Daffi
Very interesting subject, thank you for putting up. Jacquelyn Gray Gweneth