Querida amiga:
Onte ensaiei, máis non che escribín porque acabei moi cansa. Ensaiei con Gena Baamonde. É un luxo poder traballar con ela e que che dea a súa visión profesional sobre o que estás a facer para axudarche avanzar. Foi todo moi armónico e tivo un gran impácto. O que aprecio moito en Gena como directora é que sexa directa, constructiva e centrada. Ela é moi positiva en tódolos aspectos e iso cando estás traballando no teatro (con tantos problemas que iso conleva) non ten prezo.
Pola mañá levanteime chea de dúbidas. E unha vez chegado aquí sí que sabía que facer pero abandoaronme as forzas e entón o traballo tornouse moi disperso. Tentei seguir e aínda traballei ben e deume tranquilidade porque creo que o que presentarei a fin de semana que ven xa está bastante definido, de tódolos xeitos traballar con ese cansancio mental e de corpo non leva moi lonxe, xa so ao agotamento. Iso creo eu. Ti cres que será iso ou que me intento escabullir?
Asaltoume unha cuestión, unha dúbida. Cando pregunto Que é ser muller, quererei preguntar Quen son eu? É interesante, non cres? Todo está conectado.
Sabes tamén o que me pasa? ...que as ganas de contar o que estou a facer me marcharon. Teño ganas de meterme na miña casa de caracol para quedarme alí un rato longo. Quizais todo ten que ver ca lúa e con que estou no día 23 do meu cíclo.
Penso moito en ti.
Con agarmimo,
Helen.