- Cía Helen Bertels -

A compañía traballa de xeito poético temas do universo da muller, do universo feminino. Está a crear unha linguaxe propia, á cal quizais poida ser evocada polas palabras e frases clave que seguen: medos e inseguridades, facela ridícula, sexualidade, que é ser muller, camiño, bruxas e meigas, crecemento, Butoh, danza, traballo directo co público, poderosa, misterio, vida, multidisciplinario…

Colaboran:

Gena Baamonde (directora e actriz)
Marta Pérez (Inversa Teatro, directora e actriz)
Manu Lago (Galicia Danza Contemporánea)
Mónica de Nut (actriz e cantante)
Laura Iturralde (deseñadora de iluminación)
Afonso Castro (deseñador de iluminación)
Paulina Funes (artista multidisciplinar)
Nuria Sotelo (Licenciada Sotelo, bailarina e creadora).

Repercusión en medios:

Wir Frauen
Vídeo promocional na Sala Nasa
Entrevista para Rede Nasa

Amor

Diario de Pontevedra
  

Pontevedra Viva
Canal Rías Baixas
Faro de Vigo
Web da Deputación de Pontevedra

A compañía de Helen Bertels atopa o seu lugar no exercicio potente da sinxeleza expresada a través da súa poesía corporal e unha contundente empatía da vida, do próximo e do que nos rodea.

Marta Pérez – Inversa Teatro

Nimiedades

Nimiedades son 13 caixas de agasallo. 13 accións escénicas levadas a cabo por Helen Bertels e Mónica de Nut. Darán entrada a un universo feminino. A un mundo afastado e próximo á vez. Un mundo de adiviñas, paradoxos, choreiras e risas. Un mundo que dea forza e faga fuxir o medo. Un universo circular no que a escuridade non é apartada e maldita, no que é permitido chorar tódolos días se fai falla e no que podemos facer o ridículo todo o que queiramos.

Nimiedades é un espectáculo con Mónica de Nut e Helen Bertels que conta coa axuda na dirección de Marta Pérez de Inversa Teatro e coa iluminación da man de Afonso Castro. Está baseado no Diario de Nimiedades de Helen Bertels.

Poemas para levar

Un momento insólito, sorprendente, reflexivo, fascinante, misterioso, contemplativo, un intre de conexión contigo mesmo a través dos meus poemas. Non o esquecerás!

Queres facer do teu evento algo especial?

Queres que os teus clientes, convidados ou asistentes queden cativados pola maxia da poesía?

Entón teño o que buscas: Poemas para levar…

Dosier

Amor

Cal é a esencia da muller? Que fai que sexamos nós mesmas? Que sabemos do misterio que levamos dentro de nós? O que quero compartir neste espectáculo son pinceladas dunha busca. A busca dun saber feminino oculto, perdido ou esquecido.

AMOR é parte do proxecto Agasállame un día da túa vida no que visito a mulleres que poidan botar algo de luz á escuridade que envolve esa cuestión. A partir da experiencia dese día compartido elaboro un retrato en palabras e imaxes que se materializará en traballos de artes plásticas, escénicas, literarias ou audiovisuais.

Wir Frauen

Wir Frauen é o primeiro traballo da Cía. Helen Bertels. Nel medita sobre a diferenza entre homes e mulleres, sobre inseguridades, medos, contradicións, sobre o que queremos ser e sobre o que aparentamos. Por suposto deixa entrever sempre algo do que somos en realidade, algo de rabia, algo de tenrura, de debilidade, algo de verdade…

Wir Frauen é unha coprodución con La Tía Mardalina que foi estreada no Teatro Ensalle (Vigo) no ano 2011 e xa non está en cartel.