- Helen Bertels. Formadora -

Encantaríame compartir a miña experiencia contigo. Para calquera cousa non dubides en contactar comigo.

Clases de alemán

Non só ensino alemán. Tamén motivo, axudo a atopar traballo e a que consigas a túa meta en alemán sexa onde sexa.

Por que elixir unha profesora nativa e clases personalizadas para aprender alemán? Por que elixir clases con Helen Bertels?

  1. É evidente pero paga a pena lembralo: Podes estar seguro de aprender con alguén que pronuncia ben e que saberá sempre indicarte como se di calquera cousa nun alemán bo e correcto.
  2. Eu sentareime contigo e aconsellareite sobre como conseguir a meta que te propuxeches, téndote en conta a ti a ás túas circunstancias.
  3. Deste xeito asegúroche que non perderás tempo nin investirás mal o teu diñeiro.

Se queres aprender alemán non o dubides, chámame!

  • especializada en clases individuais ou grupos moi reducidos (máx. 3 alumnos)
  • eficiente preparación e adestramento para todos os niveis (A1, A2, B1, B2, C1, C2)
  • clases orientadas na práctica (o idioma está para iso)
  • axuda na preparación da túa estadía nun país de fala alemá
  • axuda na procura de traballo en alemán
  • costumes e xeitos de funcionamento doutra cultura de primeira man
  • deixe que os seus fillos se familiaricen coa lingua escoitando a voz dunha nativa

Teatro/danza

Quero compartir a miña experiencia nas artes escénicas (teatro e danza) e interpretativas contigo como xa fixen por exemplo na Universidade Sénior dentro da Programación Expandida TRC Danza do Teatro Rosalía de Castro (A Coruña):
2018 Abrir as claves da historia da danza contemporánea
2019 Nunca é tarde para subirse a un escenario (xunto a Ana Beatriz Pérez da Cía. Entremáns).

Tamén ofrezo compartir a miña maneira de traballar dentro da compañía Helen Bertels e estaría encantada de presentarche un proxecto para un obradoiro do formato que se axuste ás túas necesidades.

Se queres ou precisas, tamén te podo adestrar como actriz/actor seguindo o Method Acting Avanzado segundo Boyan Ivic, o meu profesor de interpretación.

Falar en público

Cústache subir a un escenario, poñerte diante dun xurado, levantarte e falar? Medo escénico? Ganas de mellorar? Queres que a túa ponencia sexa brillante no canto de boa?
…se é o teu caso, chámame e comparto contigo os meus máis de 20 anos de traballo profesional nas artes escénicas e no audiovisual como actriz, creadora, directora e docente e tamén (e por que non) os meus 40 anos de experiencia vital.

Traballo co Method Acting Avanzado. Unha técnica que cho porá fácil. Unha técnica que xurdiu da observación. Unha técnica que parte da pregunta: Por que esta persoa conecta co público cando fala? Hai só unha única cousa a ter en conta. Intrigada? Intrigado?

Creatividade

O meu traballo caracterízase pola fusión de diferentes disciplinas. Iso ten a súa orixe en que nalgún momento da miña vida sentín a necesidade de buscalo lugar de onde xorde a creatividade. Queres que te faga participe deste camiño, desa busca?
Contrata: O cuarto azul, obradoiro de creatividade.

Fai o teu poema visual!
Obradoiro que reúne o gusto de estar na natureza e o traballo de enmarcar materiais atopados no camiño xunto ao que che dicta o corazón. Aprenderemos a comezar a escoitar…

Institutos e centros de formación

Charla/entrevista á Helen Bertels (Normalización Lingüística)

Artista alemá afincada en Galicia dende hai máis de 20 anos.
Como é que unha alemá fale e escriba en galego? Queres saber a miña opinión? Veña: Estando en Galicia debería ser normal. Pero non moitos pensan así…

Tamén ofrezo obradoiros de escritura, recitais poéticos e charlas sobre a miña obra e o seu trasfondo de xénero. Como por exemplo:

Amor (Igualdade)

Reflexionaremos e trataremos de facela pregunta axeitada:
A muller. O medo. O medo á muller. A violencia. Como xorde a violencia? Por que nalgún momento se decidiu non seguir respectando e valorando as capacidades femininas, certo poder feminino? Porque nos teñen medo? Por que a muller foi reprimida sistematicamente ou inconscientemente durante milenios, ata o día de hoxe? Que pasou? Cando comezou? Por que puido comezar? E por que seguimos igual? O máis importante é facela pregunta axeitada. E vós facédesvos preguntas? Realmente buscades ou iso deixádelo para os demais?

Falando de nimiedades… (Igualdade e Creatividade)

O libro Diario de Nimiedades fala dun camiño, un camiño interno. Fala dun momento do desenvolvemento persoal dunha muller que se dirixe a mulleres pero que pode ser lido, sentido e compartido por todo o mundo. É un libro escrito coa “a” no canto de coa “o” que se emprega normalmente cando se fala en xeral. É importante falar coa “a” de cando en cando, especialmente cando se trata da nosa creatividade.
O meu traballo adoita a se desenvolver no universo feminino, claro está, son muller. Gústame falar dos nosos medos, meteduras de pata, desexos, parvadas, das pequenas miserias que vivimos todas no noso día a día.

Unha viaxe polo tempo en Galicia (Normalización Lingüística e Creatividade)

Unha viaxe polo tempo en Galicia é unha charla-obradoiro de escritura na que Helen Bertels actriz, autora e artista de artes plásticas alemá (residente en Galicia dende o ano 1999) nos deixa botar unha ollada á súa chegada a Galicia, á paixón polos idiomas e pola escrita, a arte e a cultura en xeral, especialmente en galego.
Despois describiremos un mundo que nos tempos da ditadura case se fai material. Cultura e idioma están inseparablemente ligados. Se o idioma desaparece, desaparece a cultura. Desaparece un mundo incriblemente rico. Imaxínate que o galego desaparecese, como sería o teu mundo? Que faltaría?

Se tes interese nalgunha destas formacións non dubides en contactar conmigo.

Contacta