- Helen Bertels. Artista plástica -
O meu traballo nas artes plásticas baséase na palabra, nos obxectos atopados en camiños (tanto urbanos como da natureza), na tinta china e no seu universo íntimo que tamén se estende para incluír anacos de alma de quen queira ser retratado.
Poemas Visuais I
Técnica mixta: fotografía, palabras en tinta china e obxectos atopados no camiño sobre papel.
Poemas Visuais III
(un anaco de ti)
Palabras e anacos de cousas en marcos e as veces fóra deles.
Para ti co corazón na man…
… xorde a partir de poemas visuais III (un anaco de ti)
… é un convite para que sentes comigo a falar un pouco. Quero coñecerte, saber dos teus soños, saber un pouco máis de ti, quizais algunha lembranza bonita. Todos temos algo bonito no noso corazón, algún diamante ou rubí no tesouro que somos nós mesmos. Ou fálame de alguén especial, alguén a quen queres, algunha persoa fermosa. Todos coñecemos persoas fermosas. A túa nai? A amiga do cole, o veciño, un tío, a túa parella, esa señora que sempre te escoita cando tes algo que contar…
Logo collerei este algo, este anaco de ti, isto que quedou da nosa conversa e enmarcareino para que o poidas levar para a casa ou agasallarllo a esa persoa a quen queres, admiras ou botas tanto en falta.