- Agasállame un día da túa vida -

proxecto multidisciplinar

Teño a necesidade de saber cousas, sobre min e por extensión sobre nós, as mulleres. Esa procura para min é un paseo polo místico, o ancestral, pola natureza, polo noso precioso planeta Terra que temos a sorte de poder habitar.

Desta necesidade e dunha viaxe ao outro lado do mundo, ás antípodas de Galicia, a Nova Zelanda e Rarotonga nas Cook Islands (un grupo de illas no Pacífico) ven a idea de “Regálame un día da túa vida”.

Quero pedirlles este regalo a mulleres de distintas idades, culturas, procedencias xeográficas e sociais.

Trátase dunha investigación artística arredor do que se podería chamar a esencia da muller, non é unha documentación social. Quero crear retratos artísticos usando pluma, palabras, lapis, carbonciño, cámara, o meu propio corpo, cores ou a maneira que me suxira a experiencia e tratar de me achegar así ao que estou a buscar.

O xeito no que se achegarán estes retratos ao público irase cristalizando co tempo a través do meu blog, un libro, unha exposición e un espectáculo: “Amor”.

Podes descargar o dosier completo deste proxecto aquí: