Querida Paulina: O ensaio de hoxe deixoume pensativa. Ao principio non estiven moi centrada ou mellor dito atenta, pero ao final, que é agora cando te estou escribindo, podía ter quedado facendo miles de improvisacións. Máis xa teño que marchar. Está sendo moi diferente que cando ensaiei na Regadeira de Adela. Daquela traballaba sobre arquetipos, pero agora estou traballando máis ben sobre conceptos e ideas menos abstractas e inclúo a palabra. Hoxe describín unhas imaxes que me viron. Vin unha muller que se atopaba unha fogheira nun campo diante dun bosque ao atardecer e non vía quen a prendera ata que apareceu unha vella. Falou con ela e logo diso dixo que nunca foi a mesma. Polo demáis sigo traballando igual que antes a partir de estados meditativos. Síntome moi rara as veces, porque se me vexo cos ollos dos outros fago cousas moi estrañas, pero se me vexo cos meus ollos é exactamente o que quero facer. Que pensas? Debería de deixar de usar ollos que non son meus, verdade? Tentareino. Xa atopei un principio e un final para ese extracto de AMOR que presentarei na semana que ven (25-26-27 de maio ás 19:00 e 20:30 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, xa sabes que teño o honor de compartir cartel con Josi Lage e Avelina Pérez). Para amañar todo o que pasará no medio contarei coa axuda de Gena Baamonde. Iso me fai moi, moi feliz. Me dará seguridade e como non podo deixar de mirarme con outros ollos tan rápidamente (dame tempo!) tamén me dará a sensación de non estar totalmente tola.  Isto é todo por hoxe. Espero que esteas ben alá ao lonxe! Te quere, Helen