Coñecedes a libraría do cine NUMAX?
Non?
Deberíades!
É unha desas librarías que me enche o ollo de libros e o estómago e a cabeza e o corazón. Ten unha selección na que sempre hai algo que "teño que ter". Pois convidáronme a estar con Para ti, co corazón na man e sobra dicir que estou encantada.
Aínda non falei moito desa acción e iso que a idea é moi bonita. Nela enmarco anacos de alma. Se te queres facer un agasallo a ti ou a outra persoa (aínda que sexa para o Nadal, que despois do verán está á volta da esquina) segue lendo!
Senta comigo a falar un pouco. Quero coñecerte, saber de ti, dos teus soños, quizais dalgunha lembranza bonita. Tod@s temos dentro do noso corazón diamantes, rubís, xoias e outras pezas preciosas que fan o tesouro que somos nós mesm@s.
Ou fálame de alguén especial, alguén que encandece o lume do amor dentro de ti, algunha persoa fermosa. Tod@s coñecemos persoas fermosas. A túa nai? A amiga do cole, o veciño, un tío, a túa parella, esa señora que sempre se senta a escoitar cando tes algo que contar... Eu collerei este algo, este anaco de ti, isto que quedou da nosa conversa e o enmarcarei para que o poidas levar pra casa e/ou agasallar a esa persoa a quen queres, admiras ou botas tanto en falta.
Así que vente á NUMAX as tardes dos días 30 de xuño e 1 de xullo! Falamos un rato e farei un poema visual exclusivo para ti ou para quen queiras. Como sabemos que pode que estaredes na praia tamén me poderedes chamar e facemos esa conversa, vos na praia (ou onde sexa) e eu na NUMAX e logo xa quedaremos para entregarche o teu poema visual. Para @s que estaredes nas Festas do Barrio de San Pedro: queda moi, moi cerca da NUMAX, pasádevos!!! Son so uns 20 minutos de conversa comigo. ;)
Agardámosvos!
Grazas por ler e compartir!