Oh Paulina:
Ocorreme hoxe 'o terrible', o que fai da nosa profesión (que é a máis bonita do mundo) a máis terrorifica. Cometín a insenstaez de conviadar a público para mañá e xa desexei varias veces non telo feito. A miña parte razoable me tranquilizou unha e outra vez dicindome que é necesario porque preciso saber se o que estou a facer funciona ou é un completo disparate… Así que por esta parte tranquiliceime algo, aínda que por suposto me sinto fatal (nerviosa), pero iso é completamente normal (socorro!).
Pola outra banda: Felices @s artistas das artes escénicas que teñen un lugar onde ensaiar e investigar e un diñeiro que cobrar polo seu traballo. Digoo porque hoxe me sentín moi, moi soa. A verdade é que me gusta ser positiva e tirar adiante como sexa pero hoxe toca falar das carencias que coñecemos tod@s @s que traballamos nisto. Encantaríame traballar con alguén, que me fixera de ollo externo, con quen puidera intercambiar imresións e inquedanzas para ir avanzando… pero paréceme xa suficiente que eu traballe sen cobrar. E non teño con que pagar a ninguen. Que che parece a ti?
Do traballo de hoxe estou contenta. Polo menos sei o que vou facer mañá (terra trágame). Iso xa é algo. Xúroche (ou iso espero) que non é tan grave como soa. Cóntocho a ti porque sei que me entendes (miña naiciña querida). E para parar xa e non seguir por estes lares, quéroche deixar algún apunte que anotei na miña desesperación mañaneira que case me fai cancelalo ensaio semi-aberto de mañá:
Rota por dentro, desgarrada e insegura. Muller. Isto me pasa porque estou ao final do meu cíclo. Sabes estos días convulsos xusto antes de tela regla? De escuridade e introspección que non poucas veces están cheos de conflictos e momentos dolorosos, arrepentimentos e inseguridades. Gustaríame saber como se vivirían nun entorno onde se falara deste tema abertamente, a ciencia o investigara a tódolos niveis e as avoas lles pasaran o seu saber ás netas… Sería interesante sabelo, non?
Desexaría que poideras vir mañá,
a túa amiga Helen.
PS: Agora estou nerviosa porque considero que non esotu o suficientemente nerviosa tendo en conta o que me espera mañá.