Boa tarde Paulina:

Xa sei que igual non é de tarde, alá ao outro lado do océano, pero quizais cando leas a miña carta si.
Viches a foto? Agora por fin estás ti tamén presente nos ensaios aquí no Salón da Regadeira de Adela de xeito material. Saquei as luces. Bueno, saquei o proxector, os focos PAR igual quedan un pouco grandes para o Salón.

Esta noite tiven un sono. Nel había homes enfermos, estaban tolos, mal da cabeza. Non sei se faría algo mal. Pero este non é o caso, porque mal ou ben, iso non existe. Todo o mundo comete erros. Como iamos aprender senon? O caso é que pensei na forza masculina, na enerxía Yang que tamén temos tódalas mulleres. Traballar sobre ela sería moi interesante tamén, non cres?

E teño que recoñecer que sei que significan os homes enfermos. Aparecen porque teño medo e escápome. Non fago o que teño que facer. Evado a acción. E non sei como evitalo medo ou como remedialo (ti sabes?). Ata dame vergoña. Daráme tempo de aínda chegar a algunha parte antes do venres que xa está alí, á volta da esquina! É xa case pasado mañá!

Falar dos nosos medos non está moi ben visto, verdade? É recoñecer debilidade. Que che parece a ti?

Espero poder escribirche algo máis alentador mañá.

Co corazón encollido mándoche un bico,

Helen.

Mostra na Regadeira de Adela os días 1 e 2 de decembro de 2017.

Privacy Preference Center