Fíxate como son as cousas Paulina… …onte tiven tanto medo do pase de hoxe con público que ao final non se fixo. Hai que ter moito coidado co que se desexa porque pódese facer realidade.  Pero teño unha boa noticia tamén. Creo que vai funcionar. Estou segura. Hoxe traballei sobre a forza da muller que sae do útero. Esa forza escura, aceitosa, pesada e pegañenta… e gustoume. Acórdaste que onte me preguntei como sería o noso final do cíclo (os días difíciles xusto antes da regla) nun sitio onde se aceptan e non se tratan de tabú. É hoxe me parece que poderían ser fríos, duros, grises e fortes coma o aceiro. Sabes o que che quero dicir? Estes días creo que non valen para razoar. Non se poden explicar con palabras… É un momento para volver a nós e examinar como vai a nosa vida ata o momento. Vemos o que non vai ben e temos a forza como para cambialo. Esa forza non é bonita, colorida, suave e chea de melodías delicadas. Por iso quizais nos asuste pero se a aceptamos podemos mover montañas. Sónache a algo todo isto? Teño dúas partes do espectáculo esbozadas e para saber algo sobre a terceira preciso público. Atopareino para a próxima, aquí no fantástico Salón da Regadeira de Adela. Grazas por lerme! Pensa en ti, a túa amiga Helen. Mostra na Regadeira de Adela os días 1 e 2 de decembro de 2017.