Bo día Paulina: Chegou o día. Hoxe amoso esta peza cambiante ao público! Os últimos dous días de traballo foron moi ben. Traballei con Nuria (Licenciada Sotelo) e foi moi interesante. Non te podes facer idea do contena e aliviada que quedei. O traballo en solitario as veces é moi duro. Tes que invertir moita forza so en decidir facelo traballo. Cando hai publico ou outra persoa, dánche eles esta forza e por enriba sínteste chea de poder, so pola súa presencia. O máis importante do traballo con Nuria foi que vin que vou por bo camiño e tamén que xa sei por onde seguir (é que isto non se acaba aquí). É como se ca axuda de Sotelo puidera tomar este primeiro escalón do todo e estou lista para seguilo camiño. En maio do ano que ven teño unha residencia no Salón Teatro e despois amosarei AMOR de novo e será moi diferente. Quizais poidas vir entón. Non che vou desvelar moito máis do traballo que fixemos por se podes vir velo. As veces, escribíndote estas cartas me pregunto se será boa idea explicarte algunhas cousas tanto ou se non sería mellor darlles ás cartas outro enfoque. Non sei. Hoxe cos pensamentos dirixidos cara a actuación da noite non estou moi segura. Pero seguirei. Iso seguro. Xa saberás de min! Moitas grazas por lerme todos estes días e espero de todo corazón verte pronto. Unha aperta chea de AMOR, Helen. Mostra na Regadeira de Adela os días 1 e 2 de decembro de 2017.