helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
A & Des/venturas de una artista

Querida amiga: Onte ensaiei, máis non che escribín porque acabei moi cansa. Ensaiei con Gena Baamonde. É un luxo poder traballar con ela e que che dea a súa visión profesional sobre o que estás a facer para axudarche avanzar. Foi todo moi armónico e tivo un gran impácto. O que aprecio moito en Gena […]

Querida Paulina: O ensaio de hoxe deixoume pensativa. Ao principio non estiven moi centrada ou mellor dito atenta, pero ao final, que é agora cando te estou escribindo, podía ter quedado facendo miles de improvisacións. Máis xa teño que marchar. Está sendo moi diferente que cando ensaiei na Regadeira de Adela. Daquela traballaba sobre arquetipos, pero […]

  Bo día Paulina: Chegou o día. Hoxe amoso esta peza cambiante ao público! Os últimos dous días de traballo foron moi ben. Traballei con Nuria (Licenciada Sotelo) e foi moi interesante. Non te podes facer idea do contena e aliviada que quedei. O traballo en solitario as veces é moi duro. Tes que invertir […]

  Boa tarde Paulina: Xa sei que igual non é de tarde, alá ao outro lado do océano, pero quizais cando leas a miña carta si. Viches a foto? Agora por fin estás ti tamén presente nos ensaios aquí no Salón da Regadeira de Adela de xeito material. Saquei as luces. Bueno, saquei o proxector, […]

Fíxate como son as cousas Paulina… …onte tiven tanto medo do pase de hoxe con público que ao final non se fixo. Hai que ter moito coidado co que se desexa porque pódese facer realidade.  Pero teño unha boa noticia tamén. Creo que vai funcionar. Estou segura. Hoxe traballei sobre a forza da muller que […]

  Oh Paulina: Ocorreme hoxe ‘o terrible’, o que fai da nosa profesión (que é a máis bonita do mundo) a máis terrorifica. Cometín a insenstaez de conviadar a público para mañá e xa desexei varias veces non telo feito. A miña parte razoable me tranquilizou unha e outra vez dicindome que é necesario porque preciso […]