Parece que algo se vai movendo. En realidade son eu quen fai que se mova pero non só eu... É unha marabilla cando a vida te sorprende, non? Estos momentos nos que pensas: Que ben, non o esperaba. Ou cando tes un plan e o segues pero a vida che sae por outro lado e ti só tes que aceptar estos agasallos que che ofrece. E o difícil é iso, saber aceptalos e o que é máis difícil: saber recoñecer os agasallos. E tamén distiguilos das ofertas ás que hai que dicir que non (porque menudo lío se aceptamos todo o que nos ven). Saber facer todo isto eu o chamaría saber escoitar ao teu corazón. É saber quen es ti, saber para que estás aquí neste mundo, non deixarte corromper polo que outr@s esperan de ti ou o que espera a sociedade, o que nos dicten revistas, a tele, o facebook... En resumidas contas: ser auténtic@. E ese termo non me sona moi ben porque o que realmente quero dicir é: ser ti mesm@. Ser ti mesm@ curiosa e paradóxicamente (encántanme as paradoxas) non é nada fácil. É un camiño. É crecer. É ser consciente e aceptar o que nos trae a vida sexa o que sexa. É saber decidir. É o que chama Clarissa Pinkola Estés: Ser salvaxe. Cóntovos pois aquí dalgún deses agasallos que me están caendo... Chamáronme da AAAG para entregar un premio na pasada gala dos Premios María Casares e encantoume estar alí. Quero aproveitar para agradecerlles a tod@s @s premiad@s que usaron o pouco tempo que tiñan ao subir e recoller a xerra para revindicar cambios neste mundo que boa falta fan! E tamén ao presidente da AAAG, Ernesto Chao polo seu discurso pedindo unha maior presencia de mulleres na profesión. Era tamén de agradecer que houbera bastantes mulleres participando na gala. De tódolos xeitos no escenario conducindo a gala desgraciadamente viuse reflexado o escaso número de mulleres entre director@s, actrices e actores, guionistas etc. Só había 3 actrices frente ao presentador, os outros tres actores e os 5 músicos todos eles homes.  Teño que mencionar (porque me quedaban moi ben) que levei unha Boina Galega e consellos e complementos de Espadela. E por certo estiven moi nerviosa antes de subir ao escenario e tiven que pensar na miña teoría segundo a que actores e actrices estamos enganchad@s ás endorfinas que se liberan cando acaban a actuación, aliviad@ porque xa pasou todo. É que antes de saír a un escenario non pocas veces realmente desexas estar na casa cos calcetíns de lá e o pixama postos. O día despois tiven o pracer de participar na primeira edición de #CidadeCreativa un mercado de creación diferente organizado por 7H cooperativa cultural e foi tranquilamente unha tarde moi bonita, un gusto estar alí c@s outr@s compañeiros creativ@s e darnos a coñecer. A partir da Cidade Creativa convidaronme a min e aos meus Poemas para levar a participar no Maio Vintage Market de Boiro e estou moi, moi contenta por iso. Ten pinta de ser unha cita interesante e divertida, á que non deberíades faltar! Vémonos alí o 6 de maio! Polo demáis teño algún que outro casting e os meus mil proxectos que parece que van collendo ritmo. Non hai nada en firme de momento, pero xa vos irei contando.

Gracias por ler, comentar y compartir!

A Boina Galega é de Sandra Vilas e leveina na gala de entrega dos Premios María Casares da AAAG igual que o colar de Espadela. Moitísimas grazas especialmente a María de Espadela por poñerme tan guapa sempre. Este é claramente un agasallo! A taza e a miña querida infusión Vergél Andaluz é de Mistelanea. 

Se queres que siga escribindo e que che adique un dos meus posts aquí en helenbertels.com, agasállame unha taza especial para que apareza na foto (pídeme o meu enderezo postal por email e se queres pódesme mandar tamén un tema sobre o que queres que escriba, esto último non é estrictamente necesario).