Amiga: Hoxe todo é diferente. Estiven traballando nun obradoiro moi interesante toda a fin de semana é agora estou tratando de atoparme no día a día e máis nos ensaios tamén. É un desafío e a min encántanme. E sabes que? Teño sorte porque a miña vida está chea deles. O día que traballei con Gena atopamos unha estructura e agora estou pelexando para ser capaz de volver enchela sen estar reproducindo o que fixen o outro día, senon seguir sendo fiel ao meu obxectivo que é comunicar e facer pensar sobre o saber feminino, sobre a nosa herdanza oculta. Non te parece moi duro ter como obxectivo comunicar e en vez de a público falarlle a unha escaleira de pedra. Pobre escaleira, estoulle moi agradecida por estar alí senon a quen lle falaría.  Mañá ven Laura Iturralde a axudarme co xogo de claro - escuro. Xa teño moitas ganas de vela.  Unha frase que me apareceu da nada hoxe e que me gustou moito foi: Queres que a túa voz veña da terra e sexa tan forte coma ela. Grazas por estar alí. Helen.