Preestreamos Nimiedades os días 9 e 10 de marzo na Sala Ingrávida en Porriño! Ves?

Estou moi contenta con este espectáculo. Especialmente co equipo! Mónica de Nut, Marta Pérez, Afonso Castro, Manu Lago e Martiño Picallo son os que máis cerca estiveron traballando arreo para sacalo adiante en tódolos seus altos e baixos.
Facer un espectáculo é algo marabilloso sempre, pero este é especial. É a primeira vez que traballo cun equipo tan grande (si, para min é grande) e estiven moi nerviosa polo que significa. É moita responsabilidade. Engado que a Mónica non a coñecía. Pero cando fas as cousas que tes que facer, cando entras no “flow” todo vai ben. Funcionamos xuntas como se nos coñecereamos de tódala vida. Pasamos por moitos sitios, pola explosión creativa do principio, o traballo centrado despois e logo xa o temido baixón no que te plantexas e preguntas de todo e sempre ata o extremo de dicir: “Por que c*** me metería nisto? Por que non fago outra cousa? En que estaba pensando cando dixen: Eu podo.” Pero por aí tamén conseguimos pasar sen grandes problemas e chegamos ao momento final desta etapa de ensaios dicindo: “Temos espectáculo!” …e veu a calma..

Iso foi hai un mes e agora nos enfrentamos a presentalo ao público cunha preestrea na Sala Ingrávida de Porriño os días 9 e 10 de marzo ás 21:30 h (entradas aquí xa a venda) e volven os nervios, o pánico escénico e por momentos seguro que tamén a pregunta: “Por que me metín nisto? Co tranquila que podía estar!” As veces penso que actrices e actores traballan para o momento final da función no que están ata arriba de endorfinas porque xa pasou todo, por esa sensación de alivio fantástica.

Vémonos en Porriño!

Se queres podes velo dossier do espectáculo aquí: DOSSIER

Publicacións relacionadas

Privacy Preference Center