helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
cartas a Paulina (a falta de tempo e a vella que ri – ensaios AMOR) nº9
noviembre 27, 2017
0

 

Miña querida Paulina:

Hoxe volvín aos ensaios. É a última semana polo de agora e termina cas actuacións na Regadeira de Adela de Santiago de Compostela os días venres 1 e sábado 2 de decembro (que pena que esteas tan lonxe). Logo comezarei cas visitas ás mulleres. Xa sabes que AMOR é parte doutro proxecto que se chama Agasállame un día da túa vida, no que visito a mulleres que me queiran agasallar ese día seu para indagar na escencia da muller e facer logo un retrato delas con pluma, pincel, cámera, palabra, o meu corpo, a miña voz ou o que sexa que precise para expresar. AMOR será unha das vías nas que se verán reflexadas esas visitas e a busca da esencia das mulleres.

Hai outra novidade. Esta semana me acopañará Nuria Sotelo (Licenciada Sotelo) nos ensaios. Estou moi contenta de que accedera a botarme unha man para saber por onde ir nesa encrucillada. Non sabes o contenta que estou.

Hoxe pregunteime por onde seguir e como conectar cos días pasados de ensaios e pensei nos arquetipos. Os arquetipos según Jung son como seres psiquicos nos que se poden dividir as nosas personalidades humanas tan complexas. Pensei en que somos cíclicas e cambiamos psiquica e si, tamén físicamente ao longo do camiño que fai a lúa cada mes. Polo tanto tamén cambiarán os arquetipos predominantes na miña personalidade ao longo deste ir e vir e estes evidentemente teñen influencia no meu traballo de creadora tratando de conectar co outro mundo, con ese que Clarissa chama o subterráneo, ese do que veñen os soños e tamén as ideas.

Tamén desexei unha cousa curiosa: volver ter esa liberade que tiña cando era nova (e claro non sendo consciente, non era capaz de aproveitar como penso que a aproveitaría agora). E logo (aliviada) dinme conta que unha liberade así se pode volver atopar ao ser vella. A vella tola que rie sen parar e esconde unha sabiduría incríble entre as súas roupas e os seus cabelos grises. Ela é libre porque cremos que está tola? Ou como é libre valoramos de tolos os seus actos? Ela seguro que é capaz de salvar o noso mundo.

E Paulina (nótase que hai moito que non che escribo) outra cousa importante: Falei con Daniel Abreu sobre o feito de crear e díxome unha cousa importantísima. Sabes estas cousas que de súpeto che abren os ollos? Pois iso, díxome que a falta de tempo so era unha excusa para non recoñecer que o que falta é a forza ca que afrontar e soster a creación. Encantoume. Desfíxenme desta excusa miña e trato de entregarme de cheo ás miñas creacións e estou moi feliz co resultado.

Deixote que hoxe teño moitísimas cousas que facer.

Mándoche un bico ben grande e unha aperta be forte,

Helen!

Mostra na Regadeira de Adela os días 1 e 2 de decembro de 2017.

Deja un comentario