helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
cartas a Paulina (a forza da muller – ensaios AMOR) nº6
octubre 25, 2017
0

 

Linda Paulina:

Grazas pola túa carta! Non son tempos fáciles. A vida tamén me está poñendo a min unhas adivinanzas incríblemente difíciles. Pero sabe que somos capaces de resolvelas. Quizais teñamos que aceptar e invertir toda a forza en acoller isto que nos ofrece para transformalo en nós (supoño que é isto o que estás a facer). Cada unha vive a súa creatividade á súa maneira ou como o momento permite. Confía!

Hoxe estou moi cansa e bastante pesimista. Sabes estos días nos que sintes as catástrofes máis terribles como se xa pasarán ou foran inevitables? Pero grazas a estar escribíndoche esta carta xa na miña mente mentres calentaba ao principio do ensaio, fun capaz de aproveitar esa forza. Moitas veces cando estamos así de pesimistas e cansas de todo incluimos no noso pensamento que estamos baixas de enerxía, pero non é certo. A miña enerxía está ben. Teño forza. O que me falta era o ánimo pero souben reconvertir a situación, como @s que traballan nas artes marciais e usan a forza do seu adversario en contra del e ganan. Encántanme estas aparentes paradoxas. Cando che aparece unha paradoxa polo camiño podes estar segura de que vas ben.

Necesitei algo como unha estructura para o que estou a facer e atopeina. Díxenme que non podía seguir lamentándome polo que a vida me daba ou non daba, que tiña que aproveitalo e voilá: unha idea de estructura. Como o que fago é moi novo para min, fáltame a experiencia de que impacto terá isto no público e decidín incluilo. Seguirei facéndolle preguntas como xa facía na primeira versión de AMOR. Decidín tentar crear debate. Ti que cres que é a esencia da muller e que ten que ver cas nosas ancestras e ca forza da muller e a tristeza e o quedarnos exaustas de tanto dar e dar e dar e dar…

Anotei tamén: Preciso conectar ca esencia da muller (repitoo coma un mantra), con isto que nos da forza, ca nosa terra. Conectar co que somos, con ese mundo de cores, cheo de luz por un lado e polo outro fascinantemente terrorífico e dun negro profundo e brillante. Somos seres incríbles, so temos que abrirnos e mirar cara adentro de nós. Somos tan fermosas.

Quérete amiga miña,

Helen.

Deja un comentario