helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
cartas a Paulina (na escuridade – ensaios AMOR) nº5
octubre 21, 2017
0

 

Escura Paulina:

Si, escura. Hoxe voulle escribir á túa parte escura, porque eu estou na miña. Vou en contra do cíclo normal das mulleres (de tódolos xeitos é algo que lle ocorre a moitas, ás veces). Acabamos de pasala lua nova e agora a luz está volvendo. Despois duns intres de desaparecer na sombra, a lúa xa naceu outra vez e está crecendo. Normalmente é cando as mulleres teñen ou acaban de telo seu periodo e entran nunha fase de luz e inspiración. Eu non. Eu acabo de deixar o meu momento de luz e inspiración, que comezou para min cando tiñamos lúa chea, para pasar á unha fase contemplativa e de introspección. Notoo claramente. Non é fácil vivir nesta fase, xa que cara afora debemos ser lúcidas, claras e inspiradas e non escuras, destructivas, lentas e mirando cara adentro.

Sabes, AMOR tamén é un traballo que ten que ver cos ciclos, os ciclos que tanto afectan a nosa vida (o ciclo morte-vida-morte do que fala Clarissa Pinkola, o do día e da noite, o das estacións…) en especial á das mulleres. Din que somos cíclicas. Voltamos unha e outra vez sobre o mesmo e así avazamos, debuxando espirais. Os homes e a nosa sociedade son lineais. Non volven unha e outra vez, van cara unha meta e non se dan a volta. Bueno, tod@s temos unha parte masculina e unha feminina, é dicir que todos temos de todo. Presupoño isto, cando falo como se fose branco e negro. Ou sexa que tamén os homes farán algunha que outra espiral. De tódolos xeitos, o que está moi claro é que na nosa sociedade recompénsase o camiño canto máis lineal mellor… Viríanos ben saber máis sobre a espiral.

O dito, entro nun momento escuro e é interesantísimo. Facéndome consciente, fun capaz de aproveitalo e non derrumbarme. Hoxe estou triste e apesadumbrada. Teño a necesidade e -que sorte- tamén a oportunidade de concectar ca escuridade, ca forza destructiva femininia, aínda que a verdade é que me da un pouco de medo. E conectei algo nas impro-meditacións de hoxe… Pensei en Kali, a deusa hindú que é destructora e ten un aspecto que da medo, pero é destructora da maldade e dos demos. As mulleres debemos entrenar esa parte nosa! A nosa parte destructora. Sabemos que podemos ser terribles e quizais nos da medo. Non coñecemos ben esa parte nosa. Eu polo menos non.

Fixen moitas máis cousas no ensaio pero creo que o que che acabo de escribir o resume bastante ben. Non temos que ter medo á escuridade. A terra negra é a máis fertil. O negro contén tódalas cores. O escuro é o principio a partir do cal todo pode pasar… A escuridade está chea de posibilidades.

Mándoche unha aperta longa,

a túa amiga Helen.

Deja un comentario