helen@helenbertels.com 0034 666 72 92 19
cartas a Paulina (de camiño – ensaios AMOR) nº4
octubre 20, 2017
0

 

Benquerida Paulina:

Moitas grazas por respostar onte. Encántame ter noticias túas, …de tan lonxe.

…e teño boas novas! Hoxe funcionou! A pesar de estar taaan cansa. O do cansanzo é curioso. Cando non é tan grande que xa non te podes mover, realmente non importa. O único que importa é o ánimo que tes. É dicir que ten máis peso o noso ser non-físico (alma ou non sei como chamalo) que o corpo.
Voume polas ramas: Cóntoche do meu logro! Hai dúas maneiras nas que se crean movementos no meu corpo sen que eu me intrometa. Unha (esa é a máis fácil) é que fago os movementos que me veñen á cabeza sen xulgalos. E a outra, e esa é a que me interesa máis, é cando o meu corpo empeza moverse so. Iso require moita atención (que non é o mesmo que concentración). Cando trato de conseguir esa atención vaiseme moito a cabeza: penso en cousas cotidiás, en todo o que teño que resolver, decidir e facer (que agora mesmo é unha locura) ou a miña mente empeza a soñar/divagar e vexo historias e imaxes raras, curiosas. Pero cando consigo mantela atención sinto o vibrar de todo o meu corpo. Fixéchelo algunha vez? Iso é marabilloso. E entón, se espero máis e sigo a estar atenta sen interupción noto como algo quere empezar a moverse. Hoxe por exemplo foi o meu brazo dereito. E iso é a onde quero chegar. Alí é onde quero investigar e ata hoxe non o conseguira. Todo precisa o seu tempo.

Despois estiven xogando un pouco ca outra maneira de recibir movementos e sóns na miña imaxinación e saco moito material e é moi interesante, pero por algunha razón non o quero gardar. Non o quero xulgar, clasificar, ordenar, perfeccionar e archivar. Non sei onde quero chegar.

Anotei o seguinte: Non teño nin idea do que quero dicir, so sei que quero investigar sobre o tema da esencia da muller. E tamén sei que o quero averiguar co corpo, non ca palabra, non ca razón. Non quero coller algún concepto ao que cheguei e que o corpo o acolla coma un símbolo. Desta quero facelo ao revés. Quero entender co corpo primeiro.

Que che parece. Isto estáse poñendo interesante!!! Estou no camiño!

Mándoche unhas poucas gotas de choiva, algo de néboa e luz de vela nun día cheo de nubes,

a túa (romántica) amiga,

Helen.

Deja un comentario