Querida Paulina:

Hoxe comecei os ensaios. Outra vez. Esta vez en serio. Bueno en serio é un dicir. Nunca ensaio de broma, pero esta vez teño 4 horas de luns a venres e iso durante dúas semanas. Ao empezar, hoxe pola mañá pensei o marabilloso que podería ser adicarme ao meu traballo continuadamente. Xa non digo tódolos días pero si durante máis tempo, nun espazo adecuado e máis de 4 horas ao día. Pero para iso fáltanme os cartos.
Creo que non hai moitos traballos dos que se pode dicir que unha non pode traballar moito porque lle faltan os cartos. Normalmente cánto máis traballas, máis riqueza xeneras. Pena que a riqueza que xeramos @s artistas sexa tan pouco valorada. Pero xa che adianto que teño un plan quer ten como meta poder adicarme para sempre ao meu que é crear pequenos mundos dentro de marcos, traballar como actriz e creadora de teatro e escribir (e non ter que gañar os cartos con outros traballos que son bonitos pero que me definen menos).
É que xa non teño medo, sabes? Iso foi o que tamén saiu hoxe nunha improvisación. Senteime diante das cadeiras baleiras no Salón da Regadeira de Adela, mireinas ás súas caras e lles dixen cunha actitude moi decidida e a voz sorprendentemente suave: “Ich habe keine Angst mehr.” Foi un comezo (outro máis) suave e moi alentador, a pesar do meu cansanzo tiña forza (Iwo e máis eu durmimos fatal!!!).
Plantexarei os ensaios destas dúas semanas como improvisacións. Improvisarei a partir dos movementos en círculos ao redor da cadeira e tamén a partir dos meus estados meditativos. A ver que mulleres ou arquetipos me visitan.
Sobre a estructura do resultado final (presentareino os días 1 e 2 de decembro deste 2017 na Regadeira, non podes vir, verdade?) non sei aínda nada. Quero ou teño a sensación de que ten que ser moi diferente a todo o que fixen ata o momento. E está aí, a tiven como na punta da lingua pero aínda non a souben desvelar. En fin, so levo unhas horas.
Paulina, estou sorrindo e entusiasmada, porque os ensaios, o traballo en escena me fai feliz. Síntome eu mesma e inmensamente afortunada cando probo cousas co meu corpo nun escenario.
Ao comenzo do ensaio, cando escribo xurderon unhas preguntas que me pareceron moi interesantes e quero pechar esta carta con elas: “Quen son? Como son é como debe ser unha muller ou debería ser diferente? Ata onde son muller e onde empeza a confusión de “a partir de aquí non está ben visto que sexas muller”, onde empeza o victimismo, o non-atreverse e o vivir cohibida… Que son eu, que é a muller e que é o que fixo o sitio e o tempo que habito de min? Pódese diferenciar?

Mándache unha aperta moi grande,

a túa amiga Helen.

PS: Outro descubrimento que acabo de recordar e que me pareceu marabilloso é o feito de ser moi consciente de andar por sitios que non coñezo. Esa consciencia é como abrilas cortinas diante dunha ventá aberta nunha mañá soelada. Agora sabendo isto son capaz de seguir adiante por onde nunca fun e de gozar desta nova experiencia sen medo.

Privacy Preference Center